Biografías
Biografía do Presidente da Xunta de Galicia,
D. Alberto Núñez Feijóo
(En Español)
Nació en Ourense en septiembre de 1961. Licenciado en Derecho por la Universidad de Santiago de Compostela, posee el diploma de directivos de la Xunta de Galicia y es funcionario de la Administración autonómica, donde ingresó en 1985 como miembro del Cuerpo Superior de la Administración General de la Xunta.
En julio de 1991 fue nombrado secretario general técnico de la Consellería de Agricultura, Gandería e Montes y accedió, tres meses más tarde, a la Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, para desempeñar hasta 1996 el cargo de secretario general. Desde 1992 a 1996 ejerció el cargo de vicepresidente y secretario general del Servizo Galego de Saúde.
Posteriormente, en el año 1996 y hasta el año 2000, ocupó los cargos de secretario general de Asistencia Sanitaria en el Ministerio de Sanidad y Consumo y fue presidente del Insalud.
Entre mayo del 2000 y junio del 2001 ejerció de consejero-director general de la entidad pública empresarial Correos y Telégrafos y, desde junio del 2001 hasta enero de 2003, fue presidente de la Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos S.A.
Accedió al cargo de consejero de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda el 18 de enero de 2003, y fue nombrado vicepresidente primero de la Xunta de Galicia el 10 de septiembre de 2004.
En octubre de 2003 fue distinguido con la Gran Cruz de Isabel la Católica.
Desde el 18 de abril de 2009 es presidente de la Xunta de Galicia.
(En Galego)
Naceu en Ourense en setembro do 1961. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe o diploma de directivos da Xunta de Galicia e é funcionario da Administración autonómica, onde ingresou no 1985 como membro do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta.
En xullo do 1991 foi nomeado secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e accedeu, tres meses máis tarde, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, para desempeñar ata 1996 o cargo de secretario xeral. Desde 1992 a 1996 exerceu o cargo de vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde.
Posteriormente, no ano 1996 e ata o ano 2000, ocupou os cargos de secretario xeral de Asistencia Sanitaria no Ministerio de Sanidade e Consumo e foi presidente do Insalud.
Entre maio do 2000 e xuño do 2001 exerceu de conselleiro-director xeral da entidade pública empresarial Correos e Telégrafos e, desde xuño do 2001 ata xaneiro do 2003, foi presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A.
Accedeu ao cargo de conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de xaneiro de 2003, e foi nomeado vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia o 10 de setembro do 2004.
En outubro de 2003 foi distinguido coa Gran Cruz de Isabel la Católica.
Desde o 18 de abril de 2009 é presidente da Xunta de Galicia.
(Fuente: www.xunta.es)
Biografía do Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia,
D. Santiago Camba Bouzas

Santiago Camba Bouzas (Fuente:http://secretaria.galiciaaberta.com/portal/site/emigracion/menuitem.c6f6ce03a6877488905d7241f063334d/default.htm)
(En Español)
Nació en Vilar de Barrio (Ourense). Licenciado en Medicina y Cirurgía por la Universidad de Santiago de Compostela, especialidad en Traumatología y Cirurgía Ortopédica. Máster en Alta Dirección ESADE.
Médico laboral fijo servicio de Urgencias en el hospital provincial, con el número 1 de su oposición (año 1986), y médico funcionario servicio de Traumatología y Cirurgía Ortopédica con el número 1 de su oposición (año 1990).
Director general de “Xuventude de la Xunta de Galicia” desde febrero de 1990 a abril de 1995. Concejal de Vilar de Barrio de 1995 a 2001. Vicepresidente de la Diputación de Ourense desde 1995 a 2001. Vocal del “Consello de Administración de SOGARPO”, de la “Comisión Galega de Medio Ambiente”, de la “Comisión do Camiño e Cidade de Santiago de Compostela”, de la “Comisión Galega do Menor”, de la “Comisión Galega do Xogo”, del “Consello de Administración do SERGAS” de 1995 a septiembre de 2001, de la “Xunta Provincial de Empadroamento”, de la “Asociación Colexio Español de Sao Paulo” y presidente del “Consorcio dos Peares”. Miembro del “Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública” desde 1995 a 2001, vicepresidente de la Fegamp de 1995 a 1999, voceiro del PP de 1995 a septiembro de 2001 en esta organización, y presidente de la “Comisión de Grandes Cidades e Entidades Supramunicipais”. Vicepresidente del “Padroado provincial de Turismo de Gabinete de Comunicación”. Consello de la Xunta Ourense, encargado de la “Emigración y de los Servicios Sociales” en la Diputación provincial de Ourense, conselleiro de “Traballo e Asuntos Sociais” de la Embajada de España en Brasilia 2001-2004, y delegado de la “Fundación Galicia Saúde” en Buenos Aires 2005-2006. Está en posesión del “Gran Cordón de Ouro” de la Gobernación de Caracas.
(En Galego)
Naceu en Vilar de Barrio (Ourense). Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especialidade en Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica. Máster en Alta Dirección ESADE.
Médico laboral fixo servizo de Urxencias no hospital provincial, co número 1 da súa oposición (ano 1986), e médico funcionario servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica co número 1 da súa oposición (ano 1990).
Director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia desde febreiro de 1990 a abril de 1995. Concelleiro de Vilar de Barrio de 1995 a 2001. Vicepresidente da Deputación de Ourense desde 1995 a 2001. Vogal do Consello de Administración de SOGARPO, da Comisión Galega de Medio Ambiente, da Comisión do Camiño e Cidade de Santiago de Compostela, da Comisión Galega do Menor, da Comisión Galega do Xogo, do Consello de Administración do SERGAS de 1995 a setembro de 2001, da Xunta Provincial de Empadroamento, da Asociación Colexio Español de Sao Paulo e presidente do Consorcio dos Peares. Membro do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública desde 1995 a 2001, vicepresidente da Fegamp de 1995 a 1999, voceiro do PP de 1995 a setembro de 2001 nesta organización, e presidente da Comisión de Grandes Cidades e Entidades Supramunicipais. Vicepresidente do Padroado provincial de Turismo de Gabinete de Comunicación. Consello da Xunta Ourense, encargado da Emigración e dos Servizos Sociais na Deputación provincial de Ourense, conselleiro de Traballo e Asuntos Sociais da Embaixada de España en Brasilia 2001-2004, e delegado da Fundación Galicia Saúde en Buenos Aires 2005-2006. Está en posesión do Gran Cordón do Ouro da Gobernación de Caracas.
(Fuente: www.galiciaaberta.com)
